Saltar ao contido

El Estradense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Estradense

Editar o valor en Wikidata
Fundación1906
Lingualingua castelá
LocalidadeA Estrada
editar datos en Wikidata ]
Para a publicación mensual iniciada en Buenos Aires en 1980 véxase El Estradense (Buenos Aires).[1]

El Estradense foi un semanario que se publicou na Estrada de 1906 a 1909.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario agrícola-social, apareceu o 15 de decembro de 1906 dirixido por Benigno Pío Losada. A partir do 13 de xuño de 1908 foi o seu director Manuel García Barros, que xa colaboraba co periódico dende o inicio e publicou nel moitos relatos curtos. Outros colaboradores do xornal foron Miguel Losada Losada, Laurentino Espinosa Valladares, Eduardo Cajide, Manuel Nodar Magán (que asinaba "León Armandú"), Manuel Muíños Graña (cos pseudónimos "Xan da Ulla" e "Farruc"), e Manuel Leyes e Camilo Pardo que se encargaban das seccións humorísticas e satíricas; a partir de 1907 tamén escribe Antón Losada Diéguez. Saíu á luz para contrarrestar a influencia de Voz del Pueblo, que aparecera unhas semanas antes, aínda que os dous se declaraban riestristas, isto é partidarios do Marqués de Riestra quen dende había anos viña controlando politicamente a provincia de Pontevedra, El Estradense tiña unha ideoloxía tradicionalista de corte agrarista oposto a Faustino Ulloa Estévez, cacique liberal que controlaba o concello da Estrada. Ademais intentaba contrarrestar o agrarismo liberal-democrático e republicano que comezaba a coller pulo nas parroquias do concello. Tivo que suspender a súa edición en varias ocasións debido á censura política e o seu director Manuel García Barros sufriu prisión por este motivo. Cesou a súa publicación co número 108 o 9 de xaneiro de 1909.

Segunda época

[editar | editar a fonte]

Reapareceu en 1918 como portavoz antiriestrista. Estaba dirixido por Manuel García Barros e entre os colaboradores figuraba Antón Losada Diéguez.

Terceira época

[editar | editar a fonte]

Volveu reeditarse en marzo de 1935 en Santiago de Compostela co subtitulo Periódico agrario e vinculado con El Emigrado. En xullo de 1935 foi secuestrado polo alcalde da Estrada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]